viernes, 13 de junio de 2008

Esto está preparado para o día de hoxe pero ainda espertamos moi poucos.

Espertamos en Pedrafita e dirixímonos a Triacastela. Pola mañá tivemos que subir o alto de San Roque e o Alto do Poio e verdadeiramente eran moi altos. O día dos bichos comenzara. Convertimonos durante gran parte da mañá en especialistas entomologos que se non sabedes o que é significa "Bicheiros". O noso caderniño xa se vai completando e o diario empeza a tomar forma... comimos en Viduedo algo espectacular e durante duas horas xogamos o "Camiño das Ocas" As ordes dos Wyllis, A estrela Polar, As estrelas do Camiño e os Vitaminicos amosaron a súa destreza. Despois de comoer e rumbo a O albergue Berce do Camiño únha nena escordouse o nocello sen mais importancia pero tivemos que improvisar unha bonita "silla da raiña".
A chegada feliz por dous motivos o pobo enteiro recibiunos con aplausos polas nosas bonitas cancións e bailes e porque xa eramos un mais O Dire "Jesús" chegara disposto a todo...

Pola noite e ata as 24:30 tivemos un xogo de rastreo nocturno e todalas ordes fixeron un gran papel... Ata mañá.

XA ESTAMOS EN CAMIÑO


Arrancamos con un pouco de retraso e cos pais dando gracias o ceo porque xa nos íamos.Pequeno problema técnico cas portas pero chegada sen novidade as 14:oo as Herrerías lugar onde comenzamos a "subida mais subida de todalas subidas".
Costar costou pero a satisfacción de verse no Cebreiro fixo que nos sentiramos moi ledos e a dor de pes desaparecera abordando a todo peregrino vivinte que se atopaba e falaba inglés, incluso alemán.
A tarde perfecta os xogos moi ben e a dormida no pabillón foi dura, moi dura... o chan non era mullido e o frio estaba aliado con nos.

viernes, 6 de junio de 2008

TRAS VARIOS MESES DE TRABALLO...


Pois si queridos amigos, levamos tres meses traballando na organización do noso proxecto. Deseñado en principio para levarse a cabo no mes de Maio tivemos que aplazalo por problemas ca choiva. Pero a día de hoxe estamos dispostos a afrontar a ultima etapa.
As comisións de mantemento, transportes, animación, materiais, información e aloxamento funcionaron as mil maravillas e xa temos todo disposto para unha grande aventura.
No día de hoxe queremos reflexar unha serie de comentarios persoais nas que expresemos que esperamos e desexamos nestes días de convivenza no "camiño da vida"