martes, 26 de febrero de 2008

ESCOLA NO CAMIÑO: Reunión informativa



O camiño faise andando e a nosa escola, no afan de conquerir unha educación de maior calidade para os nosos alumnos/as, non se cansa de propoñer iniciativas.

Como xa dixéramos ó presentares a programación anual, un dos proxectos de dinamización pedagóxica que poderíamos levar a cabo neste curso implica directamente ós rapaces que finalizan connosco a etapa de primaria.

Dito proxecto responde ó titulo de “escola no camiño”.

É un proxecto compartido que non podería levarse a cabo sen o convencemento maioritario da nosa comunidade (mestres, nais/pais, alumnos/as) de que é unha iniciativa enriquecedora e axeitada.

Este é o motivo da nosa reunión: coñecer, valorar e opinar sobre a posible realización do proxecto.
Ninguén pode decidir sin coñecer por eso esperamos a vosa presenza e agradecemos nola confirmedes por medio dos vosos fillos.

Ilustración realizada por Francisco Tapias

UN PROXECTO COMÚN

O proxecto educativo da nosa escola, asumindo plenamente os principios e fins educativos da actual lexislación para as etapas de Educación infantil e primaria, trata de conquerir:

* As competencias básicas que manifesten o desenvolvemento intelectual, social e persoal dos nosos alumnos e alumnas

* O traballo en equipo do profesorado e a colaboración entre os distintos sectores da comunidade educativa

* Atender aos aspectos experiencial e actitudinal na educación do noso alumnado mediante saídas, obradoiros, conmemoracións, revistas, actividades complementarias e extraescolares para favorecer a súa participación e a motivación